martes, 31 de marzo de 2020

MARTES COAS MATES

Hola, peixiños, mirad qué actividades tan chulas nos trae la profe María.

     

¡¡Atención, peixiños!! A partir de ahora, todos los martes os vamos a proponer un reto matemático, a ver si sois capaces de lograrlo.
El reto de esta semana consiste en medir con vuestros pies el pasillo de casa. Podéis estampar el pie y escribir el número (o recortarlo de un periódico, hacerlo con plastilina, pegar tantas bolitas como pies mide...) ¿Quién tendrá el pasillo más largo ? y ¿el más corto?
Esperamos vuestras respuestas.


lunes, 30 de marzo de 2020

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Bo día, peixiños, comezamos os luns da lingua cun dos nosos contos favoritos: "A casa da mosca chosca". Déixovos o conto e unha actividade LIM para facer despois de escoitar o conto.
Ademais, se facedes clic na casa da mosca chosca, atoparedes actividades escritas.




       

actividades escritas

domingo, 29 de marzo de 2020

COUSAS DE PEIXIÑOS

Esta semana nos cuentan que Lola está disfrutando mucho de su familia durante este tiempo de cuarentena, especialmente de su hermano Pepe. ¡Mirad cuántas cosas hacen en familia!




¡Fantástico Lola ! 
Héctor sigue trabajando un montón y nos cuenta que le gustó mucho el cuento de Cocorico. Y hasta hizo su autorretrato al estilo Van Gogh.



¡Genial, Héctor, nos encanta!
Alejandra y Valentina nos mandan sus arcos da vella y, además, hicieron dos cocoricos chulísimos.



Enhorabuena, familias, por seguir apoyando a vuestros hijos en estos momentos y dedicarles vuestro tiempo. Muchas gracias, peixiños, moreas de bicos das vosas profes.

sábado, 28 de marzo de 2020

ORGANIZÁMONOS

Ola, familias. Dadas as circunstancias que estamos a vivir, e tendo en conta que, probablemente se prolonguen no tempo, a organización do blog nas vindeiras semanas será a seguinte:
- Luns da lingua: os luns publicaremos actividades arredor da linguaxe (contos, xogos, actividades LIM, textos...).
- Martes coas mates: actividades de lóxica-matemática, conceptos básicos de educación infantil...
-Os mércores dálle ao inglés: propostas da teacher Yosi arredor da lingua inglesa.
- Xoves musicais: xogos, elaboración de instrumentos, cancións, bailes...
-Venres con arte: propostas de creatividade e expresión plástica.
Animámosvos a que nos sigades enviando debuxos, actividades que fan os nenos e que nos contedes como están levando os peques esta situación. Durante a fin de semana publicaremos as cousiñas que nos mandedes. Podedes facelo ao seguinte correo: infantildecarril@gmail.com.
Grazas e moito ánimo, familias.



viernes, 27 de marzo de 2020

CONTOS CONTIÑOS

Ola, peixiños, queredes escoitar un conto?



 Ademais de escoitar, podemos velo.


E, despois de ver e escoitar o conto, podemos facer o noso cocorico; só precisamos un tubo de cartón e cartolina para o peteiro e patas. Animádesvos a facelo?



jueves, 26 de marzo de 2020

OLA, PROFE PATRI

Bo día, peixiños, por aquí hai alguén que quere dicirvos algo...
 


Xa sei que os peixiños de catro anos estades feitos uns artistas, aquí vos deixo a historia dun grande artista tamén: Vincent van Gogh.



E agora, que tal se vos debuxades como facía Van Gogh?

Esperamos os vosos autorretratos, peixiños.

miércoles, 25 de marzo de 2020

HELLO, TEACHER YOSI

Good morning teacher.

I see something blue
If you're happy
One little finger
Baby shark dance

Let's sing and dance all together. Everything will be ok.

martes, 24 de marzo de 2020

OLA, PROFE ROSA

Hoxe é a profe Rosa que nos manda un saúdo.



Éste é o conto do que vos fala a profe Rosa, facede clic na imaxe para coñecer máis cousas sobre este fermoso libro.                                                                                                                                            

No conto, os ratiños xogan a adiviñar a forma das nubes, nós tamén imos xogar.
Quen sabe a que se parecen estas nubes?
                                                                             
                                                                           


                                                                               

Esperamos as vosas respostas, peixiños. 😉

lunes, 23 de marzo de 2020

OLA, PROFE ALEJANDRO

Ola, peixiños, mirade quen anda por aquí tamén...

 

Como Alejandro tamén é o voso profe de TIC, aquí vos deixo algunhas ligazóns a xogos que practicades na súa clase.

Xogos ABC

Búhoboo

Sésamo xogos

Papelillos 5 anos

Xoga con Pocoyo

domingo, 22 de marzo de 2020

PEQUEÑAS OBRAS DE ARTE

Seguro que vuestros hijos se pasan el día dibujando, especialmente estos días, y que ya no sabéis qué hacer con todos esos dibujos. Prohibido tirarlos al contenedor, os propongo hacer un libro de fotos con todos sus dibujos.


En este caso se ha utilizado una plantilla prediseñada, pensada especialmente para dibujos infantiles. Es muy sencillo de realizar, hay que seleccionar las fotos y arrastrarlas donde tú quieras. Pero podéis utilizar cualquier otro formato de álbum digital.


Podéis añadir fotos del niño que ilustren cómo era cuando realizaba esos dibujos.     
                  

Creo que es una bonita forma de que perduren sus pequeñas obras de arte y, al mismo  tiempo, de llenar nuestro tiempo libre durante este período de confinamiento.                                                 
                                            

COUSAS DE PEIXIÑOS

Ola, peixiños!! Xa vemos que estades traballando un montón estes días, déixovos por aquí algunha das cousiñas que nos estades enviando. Encántanos veros de novo 😍😍

Héctor e Sofía fixéronlle ao seu papá este estupendo medallón.
Mirade que fantástico barco fixo Héctor!!
Que barcos tan chulos, chicas!!
Alejandra e Valentina regaláronlle a papá estes estupendo chaveiros.

Seguide enviándonos cousiñas, peixiños. Moitas grazas pola vosa participación.

sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN


DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Ola peixiños!! Sabedes que día é hoxe?
É o Día Mundial da Poesía, si, eses textos que levan música nas palabras, que expresan o que sentimos e que nos gusta repetir unha e outra vez ata que as memorizamos.
Como nos gusta moito a poesía, as profes de infantil recitamos este poema de Antonio García Teijeiro para vós.
Agardamos que vos guste.




E para que vós tamén recitedes, déixovos este poema de Manuel María que aparece no libro: "Os soños na gaiola".



Que vos parece se facemos barquiños de papel e xuntos navegamos pola mar dos nosos soños?           

Suxerencia: podedes mandar foto dos peques co seu barquiño de papel.

viernes, 20 de marzo de 2020

XA É PRIMAVERA!!

A pesar das extraordinarias circunstancias que estamos a vivir, a vida segue o seu curso e hoxe comeza a primavera que durará ata o vindeiro 20 de xuño dando paso ao verán.


Aproveitemos para facer algunhas manualidades de primavera ao tempo que enchemos as nosas casas de cor e vida.
Déixovos algúns exemplos que podedes facer con materiais que teñades na casa. (Facede clic na imaxe para ver o proceso de elaboración.)
                                                       
                                       




E se debuxamos flores, paxaros, arcos da vella en papel ou cartón e adornamos as nosas fiestras?
 Xa me contaredes.

jueves, 19 de marzo de 2020

¡¡FELIZ DÍA EN FAMILIA!!

Que tal van eses regalos para os papás? Aproveitando este día imos facer algunha recomendación literaria que, por suposto, teña como protagonista a papá.












E, por suposto, felicidades a tódolos papás!!

miércoles, 18 de marzo de 2020

PARA PAPÁ

¿A que ya se os había olvidado, verdad?  Aquí os dejo algunas ideas que, seguro, le encantarán a los papás y que podemos elaborar con materiales que tenemos en casa.                                                                                                         






Y también podemos colorear este dibujo y pegarle una foto de papá.

Luego nos contáis qué tal os ha quedado y nos podéis mandar vuestras fotos del resultado.

OLA, PROFE REGINA

Bo día, peixiños, mirade quen se achega hoxe ao blog:

 

Lembrades a Wangari e as súas árbores da paz? Aquí tedes unha fantástica actividade Lim, realizada pola mestra Belén Junquera (grazas, profe) para achegarnos novamente á súa historia.

martes, 17 de marzo de 2020

OS NOSOS ARCOS DA VELLA

Xa están chegando os primeiros arcos da vella ao noso blog. Animámosvos a que os sigades enviando. Encántanos veros de novo. 😍

Grazas, peixiños.


HELLO TEACHER YOSI

Hoxe é a teacher Yosi quen nos manda un saúdo.


 Pois imos facerlle caso á profe Yosi, repasamos as partes do corpo con esta canción.


                               Os días da semana.                                                                                                                     

                                  E tamén os números


E no top ten dos nosos vídeos favoritos...


lunes, 16 de marzo de 2020

TODO SAIRÁ BEN

Como seguramente sabedes, en Italia estase levando a cabo unha campaña solidaria que consiste en colgar dos balcóns arcos da vella como símbolos de esperanza fronte ao coronavirus.
Propoñémosvos que fagades debuxos semellantes cos vosos peques para encher o noso blog de arcos da vella da esperanza.
Podedes mandalos ao seguinte correo: infantildecarrril@gmail.com.


Moitas grazas pola vosa participación.


Suxerencia: podedes tomar unha foto dos nenos amosando o seu debuxo.                                                               

OLA, PROFE MARÍA!!

Olaaaa, peixiños de Carril, mirade quen nos visita hoxe no blog.

 

O luns é o día no que case todos os peixiños tedes música coa profe Isa, así que vos deixo algúns vídeos para que ensaiedes os bailes e cancións que facemos no cole.




E, para os peixiños de cinco anos, que tal se buscamos esa formiguiña que non para de molestar?

 

domingo, 15 de marzo de 2020

¡ÁNIMO FAMILIAS!

El equipo de educación infantil, ante las extraordinarias circunstancias que estamos viviendo, desea contribuir a que este período de suspensión de clases sea lo más llevadero posible para todas las familias de nuestro alumnado. Por ello, durante este tiempo de obligado confinamiento, publicaremos una entrada diaria con propuestas de actividades para realizar con los peques, saludos de profes, cuentos, canciones, juegos...
En nuestro ánimo está el mantener los vínculos afectivos con vuestros hijos, aspecto fundamental en educación infantil, continuar con su aprendizaje y, especialmente, ser útiles en un momento en que otros profesionales están siendo ejemplares en el desempeño de su labor.
Por tanto, ayudémonos, ayudémosles.

Nós quedamos na casa e, vós?



Os invitamos a que en el apartado de comentarios del blog nos hagáis sugerencias, los niños mayores pueden escribir ellos.
 Gracias.

sábado, 14 de marzo de 2020

SAÍDA DIDÁCTICA

O xoves día 12 achegámonos ao viveiro "O Forno"para coñecer moreas de cousas sobre as plantas e os seus coidados.