sábado, 28 de marzo de 2020

ORGANIZÁMONOS

Ola, familias. Dadas as circunstancias que estamos a vivir, e tendo en conta que, probablemente se prolonguen no tempo, a organización do blog nas vindeiras semanas será a seguinte:
- Luns da lingua: os luns publicaremos actividades arredor da linguaxe (contos, xogos, actividades LIM, textos...).
- Martes coas mates: actividades de lóxica-matemática, conceptos básicos de educación infantil...
-Os mércores dálle ao inglés: propostas da teacher Yosi arredor da lingua inglesa.
- Xoves musicais: xogos, elaboración de instrumentos, cancións, bailes...
-Venres con arte: propostas de creatividade e expresión plástica.
Animámosvos a que nos sigades enviando debuxos, actividades que fan os nenos e que nos contedes como están levando os peques esta situación. Durante a fin de semana publicaremos as cousiñas que nos mandedes. Podedes facelo ao seguinte correo: infantildecarril@gmail.com.
Grazas e moito ánimo, familias.



No hay comentarios:

Publicar un comentario