Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de marzo de 2023

AS VIAXES DE PAPÁ

 Hoxe tivemos a visita de Pablo, o papá de Manu. Contounos moitas cousas relacionadas co seu traballo. Así soubemos que hai barcos moi grandes que navegan por augas xeadas, países onde vai moito frío e case sempre é noite, animais capaces de vivir en lugares tan fríos como as morsas e os osos. 

E tamén nos trouxo billetes doutros países entre os que aparecía unha raíña ben coñecida, Isabel de Inglaterra. Fixémoslle moitas preguntas e respondeunas todas.

Moitas grazas pola visita, Pablo.




sábado, 18 de febrero de 2023

UNHA MAMÁ MARISCADORA

 O xoves tivemos a sorte de contar na aula cunha auténtica mariscadora que respondeu ás nosas preguntas sobre o seu traballo. Contounos que recolle ameixas e berberechos que despois levan á lonxa para vender. Pasa moitas horas remexendo na area na procura de moluscos. A maioría das mariscadoras son mulleres coma ela pero cada vez hai máis homes. Falounos da importancia de non botar lixo ao mar para que os animais poidan respirar e non morran. E. sobre todo, do moito que lle gusta o seu traballo por estar ao aire libre nun sitio tan bonito como Carril. 

Grazas pola visita, Agar.