Os peques de catro anos investigaron arreo sobre as formigas e descubriron moreas de cousas. Parabéns, rapaces.
miércoles, 21 de junio de 2023
miércoles, 24 de mayo de 2023
viernes, 5 de mayo de 2023
IMOS AO MERCADO
O alumnado de 6º de E. Infantil visitou a praza de abastos de Vilagarcía no marco do proxecto: "Viaxando pola contorna". Fixemos algunhas compras e viaxamos no tren turístico percorrendo distintas rúas da nosa vila. Pasámolo xenial.
jueves, 30 de marzo de 2023
VIAXAMOS POLA CONTORNA CON PANCHO E FLORA
Os peques de 5º de Educación Infantil xunto coa súa mestra, María, desenvolveron este trimestre un fantástico proxecto arredor do PDI: Viaxando pola contorna. Velaquí tedes todo o que aprenderon. Bo traballo, rapaces.
sábado, 18 de febrero de 2023
UNHA MAMÁ MARISCADORA
O xoves tivemos a sorte de contar na aula cunha auténtica mariscadora que respondeu ás nosas preguntas sobre o seu traballo. Contounos que recolle ameixas e berberechos que despois levan á lonxa para vender. Pasa moitas horas remexendo na area na procura de moluscos. A maioría das mariscadoras son mulleres coma ela pero cada vez hai máis homes. Falounos da importancia de non botar lixo ao mar para que os animais poidan respirar e non morran. E. sobre todo, do moito que lle gusta o seu traballo por estar ao aire libre nun sitio tan bonito como Carril.
Grazas pola visita, Agar.




