A pesar das extraordinarias circunstancias que estamos a vivir, a vida segue o seu curso e hoxe comeza a primavera que durará ata o vindeiro 20 de xuño dando paso ao verán.
Aproveitemos para facer algunhas manualidades de primavera ao tempo que enchemos as nosas casas de cor e vida.
Déixovos algúns exemplos que podedes facer con materiais que teñades na casa. (Facede clic na imaxe para ver o proceso de elaboración.)
E se debuxamos flores, paxaros, arcos da vella en papel ou cartón e adornamos as nosas fiestras?
Xa me contaredes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario