Ola, peixiños! Hoxe a profe Regina amósanos unha actividade para construir palabras reciclando tapóns.
Os máis pequenos constrúen o seu nome, primeiro cun modelo a seguir e posteriormente sen axuda.
Para os maiores podemos engadir os nomes da súa familia, obxectos e palabras cotiás: casa, can, mamá, papá, sopa..
Se aínda non son capaces de facelo sós, ofrecémoslle un modelo a seguir.
Podemos xogar a escoller unha letra e o neno debe construír unha palabra que comece por esa letra.
Outra posibilidade é traballar a identificación de letras: escribimos o alfabeto nun folio e eles colocan os tapóns en cada letra.
En función de cada neno podemos traballar maiúsculas e minúsculas. Se facedes clic na imaxe atoparedes más actividades de lecto escritura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario