domingo, 7 de junio de 2020

COUSAS DE PEIXIÑOS

Ola, peixiños! Aquí están as cousiñas que nos chegaron ao blog.
Héctor pasouno xenial co xogo das cestas de cores que propuxo a profe Regina, converteuse nun fantástico buscador de obxectos que comezaban polas letras do seu nome e atopou moitas palabras con "P" para a profe Yosi. Acertou a adiviña da profe Rosa, puxo os peixiños a nadar e ata tivo tempo de construír o calendario para aprender os días e os meses. Aplauso forte para Héctor, xenial!




Alejandra e Valentina tamén xogaron co seu nome e necesitaron moitos obxectos porque os seus nomes teñen moooooitas letras.


A de anillo, L de limón, E de estrella, J de jeringuilla, A de ajo, N de naranja, D de diente, R de ratón, A de agua.


V de vaso, A de anilla, L de luna, E de estuche, N de nube, T de tijera, I de imperdible, N de niña, A de azucarero. Fantástico!
Fixeron peixiños, viron o vídeo do mar e o da letra "P" profe Yosi. Moi ben!



Grazas a todos pola participación e seguimento.

Peixiños, a vindeira semana teremos moitas sorpresas no blog, teredes que mirar a babor e a estribor por se alguén quere saltar ao voso galeón. 😉

1 comentario:

  1. Fantástico Alejandra , Valentina y Héctor . Trabajáis muchísimo.
    Aplausos y besos voladores para vosotros.

    ResponderEliminar