Alejandra e Valentina xogaron con Carapuchiña, imitaron á profe María reproducindo sons longos e curtos, descubriron novas palabras en inglés coa letriña B e contaron os dedos da súa familia: teñen moitos dedos na súa casa, 80.
E posan así de guapas cos seus diplomas. Fantástico, gaiteiras!
Temos no cole outro gaiteiro que tamén fixo moreas de cousas esta semana: xogou con Carapuchiña vermella, fixo moitas cariñas divertidas, coloreou o seu diploma e axudou a súa irmá Sofía co dela. E tamén contou os dediños da súa familia, que casualidade, teñen 80, coma na casa das compis. Xenial, Héctor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario