domingo, 24 de mayo de 2020

COUSAS DE PEIXIÑOS

Ola, peixiños! Unha semana máis chegaron os vosos traballiños ao blog.
Alejandra e Valentina fixeron moreas de actividades: repasaron as cores en inglés, construíron unhas chulísimas cariñas, fixeron cabaliños de papel, seguiron o conto de "As pitas baixo a choiva", debuxaron pingas de choiva... e todo iso súper contentas. E ata participaron no concurso "Eu falo co..." gañando cadanseu diploma á mellor gaiteira. Fantástico, chicas!



Héctor tamén seguiu esta semana das Letras Galegas o blog: traballou no Lim de Ricardo Carballo Calero, fixo as actividades escritas de "As pitas baixo a choiva" e participou no noso concurso gañando un diploma ao mellor gaiteiro. Xenial, Héctor.



Parabéns a todos volo voso traballo e grazas familias pola participación.

1 comentario:

  1. Fantástico Héctor , Valentina e Alejandra . Gran gaiteiro e estupendas gaiteiras polo moito que traballan . Moitos bicos voadores

    ResponderEliminar