domingo, 17 de mayo de 2020

COUSAS DE PEIXIÑOS

Ola, peixiños! Unha semana máis aquí están os traballiños que nos chegaron ao blog.
Roberto, da clase dos lobiños, estivo moi entretido traballando as series que propuxo a profe Regina. Moi ben, Roberto!


Eila participou no reto do autorretrato, seguiu a proposta da súa profe e fixo unha morea de cariñas. Fantástico, Eila!



Héctor gozou moito de todas as actividades, especialmente a de facer caras, e fixo unha igual ao seu avó Luis, con lentes e todo. Xenial, Héctor.


Alejandra e Valentina cantaron co coelliño branco, seguiron as actividades de lóxica e practicaron as froitas en inglés. Traballaron tanto que papá e mamá regaláronlles cadansúa pizarra. Que sorte!


Parabéns a todos os peixiños polo seu traballo e feliz Día das Letras Galegas a todas as familias.

1 comentario:

  1. Miles de aplausos a todos y todas , sí que estáis trabajando duro ,Héctor , Valentina , Alejandra , Eila y Roberto .
    Me encanta veros en nuestra ventanita .
    A los demás niños que seguro también trabajan mucho ,animaros a enviar vuestras fotos.
    Besos voladores para todos y de los grandes .

    ResponderEliminar