domingo, 10 de mayo de 2020

COUSAS DE PEIXIÑOS

Ola, peixiños! Estas son as cousiñas que nos chegaron esta semana.
Alejandra e Valentina debuxaron un neno seguindo o poema de Gloria Fuertes, xogaron cos números e miraron os vídeos das profes Yosi e María. E tamén fan os seus paseos diarios cos que disfrutan moito. Moi ben!!



A Héctor esta semana gustoulle moito a actividade de simetrías, dáselle moi ben, fíxoas xenial. Debuxou ao neno do poema que contou a profe María, xogou co cabaliño soprando moito e participou no reto do autorretrato retando á profe Yosi. Fantástico, Héctor!!


Grazas, familias, pola vosa implicación.
Éste é o resultado, de momento, do reto: Autorretrátate. Podedes seguir participando, enviando os vosos autorretratos ao correo: infantildecarril@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario