viernes, 8 de mayo de 2020

AUTORRETRÁTATE

Ola, peixiños! Hoxe, venres, ademais de arte traio un reto. Sabedes que é un autorretrato? É un debuxo que facedes de vós mesmos. No debuxo teñen que aparecer os rasgos que vos caracterizan: pelo rizo ou liso, a vosa cor de ollos, se usades lentes, o nariz , grande ou pequeno, o voso sorriso...
Poñédevos mans á obra e logo sacades unha foto como esta.


Agora vén o reto... profe María, autorretrátaste?
Estade moi atentos porque calquera de vós, peixiños, pode ser retado, tede preparados os vosos autorretratos.
                                   

                                                                       

No hay comentarios:

Publicar un comentario