domingo, 5 de abril de 2020

COUSAS DE PEIXIÑOS

Cantas cousas nos chegaron esta semana ao correo! Os peixiños estades traballando moito e as profes estamos moi contentas.
Iria e o seu irmán, Breixo, fixeron un súper mural no Día do Autismo e puxeron globos azuis no seu balcón. Ademais, Iria fixo unha bolboreta preciosa.


Roberto, da aula dos lobiños, traballou as mates seguindo as actividades que propuxo a profe María, fixo un Easter bunny e tamén unha bolboreta chulísima.


Héctor segue a traballar moitísimo: debuxou a mosca chosca, fixo dous coelliños de Pascua coa súa irmá Sofía, unha preciosa bolboreta e mediu o corredor da súa casa: ten 75 pasos. 


Simón tamén está a facer un montón de cousiñas  nese espazo tan chulo que ten no xardín pero nos conta que bota moito de menos aos seus compis e á súa profe María.                                                                                                                       

Alejandra e Valentina están a pasalo moi ben e aprendendo moitas cousas. O corredor da súa casa mide 23 pasos.                                                                                                                                      

Andrés está facendo moitas actividades na súa casa e tamén mediu o seu corredor: 37 pasos.
              

Ademais,  escribíronnos os lobiños Bibi e Aimar, mediron os seus corredores e teñen 39 e 71 pasos. Asi que, o corredor máis longo é o de...Héctor con 75 pasos.
Felicidades a todos polo voso traballo, sodes uns campións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario