Os peques de 5º de Educación Infantil xunto coa súa mestra, María, desenvolveron este trimestre un fantástico proxecto arredor do PDI: Viaxando pola contorna. Velaquí tedes todo o que aprenderon. Bo traballo, rapaces.
jueves, 30 de marzo de 2023
jueves, 23 de marzo de 2023
AS VIAXES DE PAPÁ
Hoxe tivemos a visita de Pablo, o papá de Manu. Contounos moitas cousas relacionadas co seu traballo. Así soubemos que hai barcos moi grandes que navegan por augas xeadas, países onde vai moito frío e case sempre é noite, animais capaces de vivir en lugares tan fríos como as morsas e os osos.
E tamén nos trouxo billetes doutros países entre os que aparecía unha raíña ben coñecida, Isabel de Inglaterra. Fixémoslle moitas preguntas e respondeunas todas.
Moitas grazas pola visita, Pablo.
martes, 14 de marzo de 2023
A VISITA DE ÓSCAR
Co gallo da celebración do Día Mundial da Síndrome de Down recibimos a visita de Óscar e Sandra da Asociación Down Pontevedra "Xuntos". Léronnos tres contos: Elmer, Por cuatro esquinitas de nada e El paraguas de cebra. Ademais, aprendimos que todos somos diferentes e ao mesmo tempo iguais.
Ao final da sesión tivemos unha sorpresa: apareceu dona cebra co seu paraugas de cores e fixemos unha foto con ela.
Grazas, Óscar, Sandra e dona cebra pola visita.